Coñece o Parlamento de Galicia

Desenvolvemento da Charla-coloquio
· Os/as exdeputados/as serán citados polo Parlamento no lugar, data e hora que indique o centro educativo no formulario de solicitude. Normalmente a cada centro asisten tres exdeputados/as.
· A charla-coloquio será moderada por un membro do equipo directivo do centro ou o/a profesor /a responsable da actividade, quen informará do tempo disponible e velará polo bo desenvolvemento da mesma. En primeiro lugar, presentaralle ao alumnado os/as exdeputados/as asistentes
· A continuación visualizarase un vídeo do Parlamento que se recomenda descargar con antelación na seguinte ligazón: https://www.parlamentodegalicia.es/ConeceOParlamento/VisitaVirtual#ConecenosATravesDaWeb
· Seguidamente por parte de cada exdeputado/a ofrécese unha exposición relativa ao Parlamento, por espazo de 5 minutos cada un/ha.
· De seguido o alumnado efectúa as preguntas que considere conveniente, ás que irán dando resposta os/as ex deputados/as.
· Para rematar, a persoa moderadora pronunciará unhas palabras de peche do acto. A duración total da charla-coloquio axustarase sempre ás indicacións de quen modere, servindo de referencia de 50 a 60 minutos.
· As charlas-coloquio deben ter lugar no salón ou na aula que indique o centro e que sexa adecuada a este tipo de actividade e ao número de asistentes.

13 de febreiro de 2023

Aula 0.7