Obxectivos

O obxectivo fundamental deste título é o coñecemento do pasado humano para comprender mellor o presente. Así a formación que proporciona o grao permitirá:

  • Coñecer os principais acontecementos e procesos de cambio e continuidade da humanidade dende unha perspectiva diacrónica dende a prehistoria ata o mundo actual, con especial atención a España, Europa e América Latina
  • Adquirir os métodos, técnicas e instrumentos de análise do historiador para poder examinar criticamente todo tipo de fontes e documentos históricos
  • Coñecer os conceptos, categorías, teorías e temas máis relevantes das diferentes ramas da investigación histórica (económica, social, política, cultural, de xénero, etc.) así como apreciar a importancia que teñen para esta os diversos contextos económicos, políticos, culturais e sociais
  • Adquirir a capacidade de comunicarse usando a terminoloxía e as técnicas aceptadas na profesión historiográfica
  • Adquirir a capacidade de ler textos ou documentos históricos na propia lingua, así como de transcribir, resumir e catalogar información de forma pertinente
  • Adquirir a capacidade para identificar e utilizar apropiadamente fontes de información para a investigación histórica
  • Obter a habilidade para empregar correctamente os instrumentos de recompilación de información (catálogos bibliográficos, inventarios de arquivo e bases de datos electrónicas)
  • Manexar os recursos e técnicas informáticas e de internet á hora de elaborar datos históricos ou relacionados coa Historia
  • Ler, analizar e interpretar o rexistro arqueolóxico

 

 

Competencias

Competencia Básica 1 (CB1):
Que o estudantado demostre posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.

Competencia Básica 1 (CB2):
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.

Competencia Básica 1 (CB3):
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.

Competencia Básica 1 (CB4):
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.

Competencia Básica 1 (CB5):
Que o estudantado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.

 

Competencia Xeral 1 (CG1):
Coñecer o territorio (ambiente, sociedade, cultura) desde unha perspectiva diacrónica e sincrónica.

Competencia Xeral 1 (CG2):
Comprender os procesos que se desenvolven en diversas escalas espazo-temporais e en diversos contextos socio-culturais.

Competencia Xeral 1 (CG3):
Obter as habilidades necesarias para rexistrar, analizar e interpretar a información relevante de índole xeográfica e histórica.

Competencia Xeral 1 (CG4):
Desenvolver as destrezas asociadas á elaboración, transmisión e xestión do “saber” e “saber facer” adquirido así como dos resultados do seu razoamento crítico.

Competencia Xeral 1 (CG5):
Valorar as necesidades e problemas da sociedade e as aportacións (en termos de contribución efectiva) xeradas desde os ámbitos xeográfico-históricos, tendo en conta a necesaria igualdade social e entre sexos, a discapacidade e a educación para a paz.

Competencia Xeral 1 (CG6):
Aplicalas no contexto do futuro académico e/ou profesional; e crear as bases para futuros estudos de posgrao, especializados e/ou multi-disciplinares.

 

Competencia Específica 1 (CE1):
Establecer relacións profesionais ao obxecto de identificar a forma máis adecuada de intervención.

Competencia Específica 1 (CE1):
Coñecemento das claves e desenvolvemento do ámbito da Xeografía física.

Competencia Específica 2 (CE2):
Coñecemento das claves e desenvolvemento do ámbito da Xeografía humana.

Competencia Específica 3 (CE3):
Coñecemento das claves e desenvolvemento dos espazos xeográficos, (aspectos físicos, humanos, económicos) na súa dinámica socio-territorial.

Competencia Específica 4 (CE4):
Conciencia crítica da relación entre os fenómenos xeográficos, físicos e humanos, a diferentes escalas territoriais.

Competencia Específica 5 (CE5):
Integración das dimensións espacial e temporal na explicación dos procesos territoriais.

Competencia Específica 6 (CE6):
Coñecemento e aplicación dos principais métodos e técnicas de investigación xeográfica.

Competencia Específica 7 (CE7):
Uso correcto da información xeográfica como instrumento de interpretación dos sistemas territoriais.

Competencia Específica 8 (CE8):
Desenvolvemento e aplicación dos procedementos de traballo de campo.

Competencia Específica 9 (CE9):
Capacidade de análise e interpretación das paisaxes.

Competencia Específica 10 (CE10):
Capacidade de relacionar, sintetizar e expresar información xeográfica en sistemas gráficos e cartográficos.

Competencia Específica 11 (CE11):
Coñecemento e desenvolvemento de habilidades no ámbito da ordenación e planificación territorial.

Competencia Específica 12 (CE12):
Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.

Competencia Específica 13 (CE13):
Conciencia de respecto polos puntos de vista que se derivan de antecedentes culturais/nacionais.

Competencia Específica 14 (CE14):
Coñecemento da estrutura diacrónica xeral do pasado.

Competencia Específica 15 (CE15):
Coñecemento de linguas antigas.

Competencia Específica 16 (CE16):
Coñecemento detallado dun ou máis períodos específicos do pasado da humanidade.

Competencia Específica 17 (CE17):
Capacidade de ler textos historiográficos e documentos orixinais na propia lingua así como de transcribir, resumir e catalogar información de forma pertinente.

Competencia Específica 18 (CE18):
Coñecemento e habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivo e referencias electrónicas.

Competencia Específica 19 (CE19):
Coñecemento da historia nacional propia.

Competencia Específica 20 (CE20):
Coñecemento da historia europea nunha perspectiva comparada.

Competencia Específica 21 (CE21):
Coñecemento da historia da integración europea.

Competencia Específica 22 (CE22):
Coñecemento da historia universal.

Competencia Específica 23 (CE23):
Capacidade de identificar e utilizar apropiadamente fontes de información para a investigación histórica.

Competencia Específica 24 (CE24):
Conciencia crítica das coordenadas espazo-temporais da Historia da Arte.

Competencia Específica 25 (CE25):
Visión diacrónica xeneral da Historia da Arte Universal.

Competencia Específica 26 (CE26):
Visión diacrónica rexional e completa dos fenómenos artísticos territoriais.

Competencia Específica 27 (CE27):
Coñecementos particulares e optativos da Historia da Arte.

Competencia Específica 28 (CE28):
Coñecemento das distintas metodoloxías da aproximación á Historia da Arte.

Competencia Específica 29 (CE29):
Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: distintas linguaxes e técnicas da produción artística ao longo da historia.

Competencia Específica 30 (CE30):
Coñecemento das principais fontes literarias e documentais da Historia da arte.

Competencia Específica 31 (CE31):
Coñecementos básicos de iconografía como clave para a interpretación de imaxes.

Competencia Específica 32 (CE32):
Coñecemento práctico dos procesos básicos da metodoloxía científica en Historia da Arte.

Competencia Específica 33 (CE33):
Coñecementos sobre documentación, composición de materiais e técnicas construtivas dos bens artísticos mobles e inmobles.

Competencia Específica 34 (CE34):
Coñecementos instrumentais aplicados á Historia da Arte.

 

Competencia Transversal 1 (CT1):
Capacidade de análise e síntese.

Competencia Transversal 2 (CT2):
Aplicación dos coñecementos.

Competencia Transversal 3 (CT3):
Capacidade de organización e planificación.

Competencia Transversal 4 (CT4):
Comunicación oral e escrita no idioma propio.

Competencia Transversal 5 (CT5):
Capacidade de xestión da información e o coñecemento.

Competencia Transversal 6 (CT6):
Resolución de problemas e toma de decisións.

Competencia Transversal 7 (CT7):
Capacidade de razoamento crítico.

Competencia Transversal 8 (CT8):
Compromiso ético e responsabilidade social.

Competencia Transversal 9 (CT9):
Traballo en equipo en diversos contextos.

Competencia Transversal 10 (CT10):
Atención á diversidade e á multiculturalidade.

Competencia Transversal 11 (CT11):
Capacidade de aprendizaxe autónoma.

Competencia Transversal 12 (CT12):
Capacidade para imprevistos, creatividade e liderado.

Competencia Transversal 13 (CT13):
Iniciativa e espírito emprendedor.

Competencia Transversal 14 (CT14):
Motivación pola calidade.

Competencia Transversal 15 (CT15):
Sensibilidade cara temas ambientais.

Competencia Transversal 16 (CT16):
Coñecemento doutras culturas.