Fai Historia con nós

Plan de Acción Titorial

O Plan de acción titorial (PAT) da Facultade de Historia recolle un conxunto de actuacións destinadas a favorecer a integración do alumnado na vida universitaria e atender as súas necesidades formativas e informativas.

Supón superar o modelo tradicional de ensino universitario só preocupado pola transmisión de coñecementos, e apostar por un modelo en que conflúen tamén funcións socio-educativas, baseadas en relacións recíprocas e interaccións titor/a-alumno/a, etc.; apóstase, en definitiva, polo trato máis personalizado, ademais do académico.

Preténdese ir consolidando unha liña de acción titorial coherente coas necesidades do alumnado, que normalice as distintas accións e acade un axeitado equilibrio entre as expectativas das alumnas e alumnos e os obxectivos que se expoñen no marco do Espazo Europeo de Educación Superior.

O PAT ten como obxecto a garantía, adecuación dos métodos de ensino, aprendizaxe e avaliación, adquisición de competencias do alumnado, atención á diversidade, orientación á aprendizaxe, e procura dunha igualdade de xénero, recollidos tanto nas memorias dos títulos como no sistema de garantía de calidade do centro.


Protocolo PAT Facultade de Historia



PAT Curso 2017/2018


TITORES POR CURSO (GRAO)

  • 1º curso: Ladislao Castro Pérez
  • 2º Curso: Antonio Presedo Garazo
  • 3º curso: Susana Reboreda Morillo
  • 4º curso: Julio Prada Rodríguez