Cambio de celebración: III Olimpíada Galega de Historia

Dado o transcurso dos acontecementos, desde a Facultade de Historia asumimos que a celebración da III Olimpíada Galega de Historia non poderá ser realizada nos termos previstos. É evidente que a nosa cita para o día 22 de maio non será viable.

A pesar disto, aínda pensamos que podemos celebrala, adaptándonos ás normas impostas polo confinamento.

Por iso, ofrecémoste un novo proxecto: A participación das Olimpíadas desde a casa a través da plataforma Kahoot.

A grandes rasgos, manteríanse as bases, e a participación (grupo de catro estudantes por centro). Estas catro persoas deberán estar conectadas entre si e a resposta a dará unicamente a/o estudante que coordine o grupo e que estaría conectado/a unha aula virtual da Uvigo.

Non entramos en máis detalles porque este escrito é para só coñecer a vosa dispoñibilidade para participar. Se reunimos un número axeitado, seguiremos adiante.

O prazo para manifestar a vosa participación neste proxecto experimental é ata o mércores día 15 de abril de 2020, remitindo un e-mail ao enderezo electrónico sdefho@uvigo.es.

Agradecemos calquera suxestión, e se tedes dúbidas, pregúntanos.