Pérez Rodríguez

Profesor/a titular de universidade

Área de Historia Medieval
Departamento de Historia, Arte e Xeografía

Información de contacto

Facultade de Historia
Pavillón II, Despacho 26
As Lagoas, s/n
32004 Ourense

+34 988 387 150
fjperez@uvigo.es

Breve CV

Francisco Javier Pérez Rodríguez. Licenciado (1987) e doutorado (1994) en Xeografía e Historia, sección Historia, especialidade Historia Medieval pola universidade de Santiago de Compostela. Profesor Titular de Historia Medieval da Universidade de Vigo dende marzo de 2001 ata a actualidade, destinado na Facultade de Historia do campus de Ourense. A súa liña de investigación principal é a Historia da Igrexa no reino de Galicia durante a Idade Media, entre os séculos XII e XV. Entre as súas publicacións poden destacarse a Galicia Medieval¸ volume 3 da Historia de Galicia da editorial Vía Láctea (1995, en colaboración con J.M. Andrade); O cabildo de Santiago de Compostela na Idade Media (1100-1400) (Santiago de Compostela, 1996), e varios traballos sobre distintos mosteiros medievais galegos, tanto en xeral (Mosteiros medievais de Galicia. Guía histórica, Ourense, 2008) como en particular (O mosteiro de Toxosoutos na Idade Media. Séculos XII e XIII, Sada, 2001). Tense adicado tamén á edición de fontes medievais, sendo a súa obra máis recente a publicada xunto a B. Vaquero Díaz: Colección documental da catedral de Ourense (888-1300), editada en dous volumes en 2010.

Docencia

Perfil docente na UVigo

1º cuadrimestre

Grao en Xeografía e Historia

O02G251V01304 | Historia medieval universal
O02G251V01503 | Historia medieval da Península Ibérica
O02G251V01907 | Historia medieval de Galicia

2º cuadrimestre

Máster en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural

O02M143V03207 | Caracterización e Documentación Histórico-Artística

Investigación

Grupo de investigación

Historia Medieval, Historia Moderna e Ciencias e Técnicas Historiográficas

Liñas de investigación

  • Historia medieval de Galicia (ss. IX-XV)
  • Historia da igrexa medieval (ss. XI-XV)