A Facultade de Historia de Ourense levará a cabo un sorteo a través da súa conta de Instagram oficial que se desenvolverá conforme ao establecido nas presentes bases no que se sortearán tres (3) bolsas de tea personalizadas coa imaxe actual da campaña “Fai Historia con Nós”.
1. DURACIÓN E ÁMBITO DE APLICACIÓN
- A presente promoción estará vixente desde o día 6 de xullo de 2020 ao 12 de xullo de 2020 ás 23:59 horas (horario peninsular).
- O sorteo realizarase o 13 de xullo.
- Estas datas poden verse alteradas por causas que a organización considere necesarias.
- Esta promoción só é válida en España.
- Cada usuario/a poderá participar unha única vez, contándose a primeira coma válida.
2. REQUISITOS E MECÁNICA DE PARTICIPACIÓN
O usuario participará a través de Instagram.
Poderán concorrer nesta promoción:
- As persoas físicas.
- maiores de 18 anos.
- Con residencia legal en España.
- Que conten cun perfil de usuario real en Instagram.
- Que sexan seguidoras do perfil oficial da Facultade de Historia (@historiaourense) en Instagram.
A mecánica de participación será: publicar unha IG Story empregando o filtro da Facultade de Historia “Que personaxe da Historia es?” etiquetando á facultade e enviar un pantallazo por privado ao perfil da Facultade de Historia en Instagram.
A este respecto, non estarán permitidas as participacións cuxo contido se considere inadecuado, ofensivo, inxurioso, discriminatorio ou que poidan vulnerar dereitos de terceiros, reservándose a entidade organizadora a posibilidade de descualificar aos/ás participantes que incorran niso e de denunciar este contido.
Bases do concurso