A intervención arqueolóxica impulsada pola Xunta de Galicia no campamento romano da Ciadella, no concello coruñés de Sobrado, xa está en marcha. Desde o luns 2 de marzo e durante seis meses un equipo de arqueoloxía e restauración da Universidade de Vigo afondará no coñecemento deste asentamento militar construído no século II despois de Cristo. “A intervención forma parte dun proxecto moi amplo e abranguinte onde se conxuga investigación, novas escavacións e tarefas de conservación-restauro cunha duración total de dez meses”, explica Adolfo Fernández, director do proxecto e membro do Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo.
Universidade e Xunta comezan a intervención arqueolóxica no campamento romano da Ciadella
Afondarase no coñecemento deste asentamento construído no século II despois de Cristo