A quen vai dirixida?
Persoas interesadas en:
E caracterizadas por:
Que significa semipresencialidade?
A modalidade semipresencial é unha forma de facer a túa carreira a distancia. Coa axuda de materiais en liña e a obriga de realizar titorías (presenciais ou virtuais) previamente concertadas coa persoa responsable da materia, así como a asistencia ás probas de avaliación, poderás cursar os teus estudos en Xeografía e Historia sen ter que asistir todos os días de forma presencial ás aulas.
Cales son os motivos que permiten realizar a opción semipresencial?
Esta carreira está pensada para persoas con compromisos laborais, unha vida familiar que conciliar, persoas con necesidades educativas especiais ou para deportistas de alto nivel, é dicir, persoas que non dispoñen de tempo suficiente como para asistir ao grao presencial pero que queren seguir formándose e estudar Xeografía e Historia. Se esta é a túa situación, poderás realizar o grao na súa modalidade semipresencial.
Como novidade, dende o curso académico 2020/2021 poderán tamén solicitala as persoas que xustifiquen dificultades económicas.
Vantaxes desta modalidade
A realización do grao semipresencial ten as seguintes vantaxes:
- Posibilidade de asistir ás clases presenciais.
- Contacto directo co profesorado responsable da materia.
- Posibilidade de avaliación continua.
- Posibilidade de contacto co estudantado presencial e coa Delegación de Estudantes da Facultade de Historia.
- Atención personalizada.
Matrícula e prazos
Matricularte no Grao de Xeografía e Historia é moi doado xa que os trámites a realizar son os mesmos que na modalidade presencial.
Cales son os trámites da matrícula?
A solicitude de modalidade semipresencial realizarase a través da sede electrónica da Universidad de Vigo (acceso a través da túa secretaría virtual) e debe ser dirixida á ÁREA DE GRAO de CC EDUCACIÓN E HISTORIA). Nela tes que incluír o impreso de solicitude e, de selo caso, a documentación que xustifique que non podes asistir a clase.
Para calquera dúbida o correo electrónico habilitado para poñervos en contacto coa secretaría de alumnado é: secfho@uvigo.es
É preciso matricularse de todas as materias dun curso?
A existencia da modalidade semipresencial xurdiu pola falta de tempo ou de medios das persoas que querían estudar un grao, pero non podían. Por iso queremos seguir facilitando o acceso á túa aprendizaxe implantando a matrícula parcial, o que significa que non é preciso matricularse en todas as materias, pero só que haberá que matricularse mínimo de 2 materias por cuadrimestre. Deste xeito, poderás ir ao teu ritmo, sen ningún tipo de presión e matriculándote do número de materias que máis se adecúe á túa situación persoal.
Prazos de inscrición
Consultar na secretaría virtual (Anexo I)
Materias e profesorado
Como se accede ao material docente?
Unha vez que esteas matriculado, poderás acceder automaticamente a todo o material necesario para realizar o grao a través da plataforma virtual de Teledocencia da Universidade de Vigo, MOOVI. No material en liña atoparás a guía docente, o contido teórico, as actividades a realizar e a información sobre o proceso de avaliación de cada materia.
Como se contacta co profesorado responsable das materias?
A realización dunha carreira a distancia baséase fundamentalmente no estudo dos materiais en liña que se suben á plataforma virtual e nas titorías co profesorado que che permitan resolver as túas dúbidas, realizar consultas ou resolver calquera problema que che poida xurdir durante o estudo. Por iso, é moi importante que ao principio do cuadrimestre contactes co profesorado a través do correo electrónico, o que che permitirá fixar unha titoría ben presencial ou ben a través do Campus Remoto.
Máis información
Contacta con nós para recibir máis información: