O máster que se propón ten como obxectivo que o alumnado sexa capaz de seleccionar e utilizar as ferramentas metodolóxicas para a súa aplicación no deseño, execución e control de proxectos de valoración, xestión e/ou difusión no Patrimonio cultural. Trátase dun máster de carácter mixto investigador/profesionalizante, no que para a adquisición de competencias empregarase unha metodoloxía docente semipresencial que inclúe novas formas de intervención: fomento de traballo autónomo supervisado, metodoloxía participativa, estudo de casos prácticos, aprendizaxe baseada na análise de problemas e formulación de solucións, uso de recursos informáticos e en liña, establecemento de enlaces co mundo profesional, fomento do traballo en grupos coordinados, etc. Así, tanto os contidos como a metodoloxía docente adáptanse para acadar as competencias específicas e xerais que van necesitar os futuros egresados para desenvolver con éxito as tarefas propias do exercicio profesional.
De entre todas as características do máster, quizáis a conxugación de sinerxías procedentes de múltiples ámbitos profesionais e científicos para crear un novo espazo profesional sexa a característica máis marcada da proposta.
Datos xerais do título
Denominación do título | Máster en Valoración, Xestión e Protección do Patrimonio Cultural |
Código RUCT | 4315075 |
Rama de coñecemento | Arte e Humanidades |
Modalidade de ensino | Semipresencial (docencia en liña) |
Réxime | Completo/Parcial, Formación continua |
Lingua de impartición | Castelán, galego |
Número de prazas ofertadas | 20 prazas (2 de formación continua) |
Número de créditos ECTS | 60 (30 OB + 15 OP + 6 PE + 9 TFM) |
Duración do programa | 1 curso académico |
Coordinación do título | Fermín Pérez Losada |
Responsable do título | Julio Prada Rodríguez |
Centros nos que se imparte | Campus de Ourense: Facultade de Historia Campus de Vigo: Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía |
Páxina web | http://webs.uvigo.es/masterhtco3 |
Data de última verificación | 30/04/2020 |
Coordinación
Fermín Pérez Losada
Facultade de Historia
masterhtco3@uvigo.es
Matrícula
Área de Estudos de Posgrao
988 368 803 | 988 368 910 | 988 368 909
administracionposgrao.ourense@uvigo.es