Información previa á matriculación

As vías de acceso son as xerais establecidas para a universidade, puidendo cursar satisfactoriamente o grao en Xeografía e Historia os titulados en Bacharelato en calquera das súas ramas.

 

Pódese acceder a través das seguintes titulacións:

  • Título de Bacharelato e superación da Proba de Aptitude de Acceso á Universidade, dacordo coa lei 6/2001 de Universidades (artigo 42).
  • Título de Ciclo Formativo de Graduado Superior e Formación Profesional.
  • Titulacións universitarias.
  • Probas de acceso para maiores de 25 anos.
  • Titulacións equivalentes ás anteriores.

 

Os coñecementos, habilidades e capacidades de partida do estudantado procedente de Bacharelato consideranse suficientes para o ingreso no grao en Xeografía e Historia. Consideranse especialmente axeitados para iniciar dito grao os intereses e capacidades seguintes:

  • Interese polo coñecemento do pasado que determina as nosas raíces e o significado da nosa cultura.
  • Interese polo coñecemento das manifestacións artísticas.
  • Interese polo coñecemento do medio físico e natural.
  • Comprensión e apertura ante a diversidade histórica, racial e cultural.
  • Espíritu crítico.
  • Gusto pola lectura.
  • Capacidade de expresión oral e escrita.
  • Coñecementos de idiomas estranxeiros.
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
  • Terminoloxía específica en Historia, Arte e Xeografía.

 

 

Requisitos de acceso e criterios de admisión

Neste apartado resulta fundamental a Orde EDU/1434/2009, do 29 de maio, pola que se actualizan os anexos do RD 1892/2008 do 14 de novembro, onde se regulan as condicións para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas, e especifícase: “sempre que existan criterios ou probas especiais de acceso, deberáse especificar a súa normativa e contido”.

No grao de Xeografía e Historia non se establecen criterios de acceso distintos dos derivados da limitación de prazas de novo ingreso e dos establecidos pola lexislación vixente para os estudos de grao.

Na Comunidade Autónoma de Galicia a CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia) xestiona o proceso de acceso ás ensinanzas universitarias de grao do Sistema Universitario Galego (SUG).

Non se establecen probas adicionais para o acceso ao título de grao en Xeografía e Historia, atendéndose o acceso unicamente ao establecido pola CIUG:

  1. Ter superada a PAU establecida no RD 1892/2008, do 14 de novembro, ou segundo as normativas anteriores, estando en posesión de calquera dos títulos certificados que se indican a continuación:
    • Título de Bacharelato relacionado nos artigos 37 e 50.2 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
    • Título de Bacharelato establecido pola Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.
    • Certificado acreditativo de ter superado o curso de orientación universitaria.
    • Certificado acreditativo de ter superado o curso preuniversitario.
    • Calquera outro título que o Ministerio de Educación declare equivalente, a estes efectos, ao título de Bacharelato regulado pola Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
    • Título homologado ao título español de Bacharelato para estudantes de sistemas educativos estranxeiros.
  2. Cumprir os requisitos esixidos para o acceso á universidade nos sistemas educativos de estados membros da Unión Europea o doutros estados cos que establecesen acordos internacionais en esta materia, segundo o previsto no artigo 38.5 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.
  3. Ter superada a Proba de Acceso á Universidade para maiores de 25 años, prevista na disposición adicional vixésimo quinta da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de Universidades, o tela superada, no Sistema Universitario de Galicia, segundo as normativas anteriores.
  4. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 45 anos, prevista no artigo 42.2 da Lei Orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, na redacción dada pola Lei Orgánica 4/2007, do 12 de abril.
  5. Estar en disposición dun título de técnico superior de formación profesional, ensinanzas de artes plásticas e deseño ou de técnico deportivo superior, aos que se refiren os artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, ou títulos equivalentes.
  6. Estar en disposición dun título universitario oficial de grao, un título dos correspondentes á anterior ordenación da ensinanza universitaria (diplomado, licenciado, enxeñeiro, etc.) ou títulos equivalentes.
  7. Estar en condicións de acceder á universidade segundo ordenacións educativas anteriores á establecida polo RD 1892/2008, do 14 de novembro, non contempladas nos apartados anteriores.

 

 

A entrada en vigor da Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa modifica os requisitos de acceso e admisión ás ensinanzas oficiais de grao dende o título de Bacharelato ou equivalente ao establecido no artigo 38 da Lei Orgánica 2/2006 do 3 de maio, de Educación, e introduce as disposicións adicionais trixésimo terceira e trixésimo sexta que establecen respectivamente o acceso para os titulados en Bacharelato Europeo e Internacional e alumnos procedentes de sistemas educativos de Estados membros da UE o doutros cos que se haxan establecido acordos internacionais, e no acceso dende as titulacións de Técnico Superior e Técnico Deportivo Superior e de alumnos en posesión dun título, diploma ou estudo obtido ou realizado no estranxeiro equivalente ao título de Bacharelato.

Dacordo con esta nova redacción dada pola Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, o acceso ao título de grao en Xeografía e Historia atenderá ás disposicións do Ministerio, da Comunidade Autónoma de Galicia, a través da CIUG, e ao que se dispoña no desenvolvemento normativo da Universidade de Vigo.