Proxecto de voluntariado en colaboración con Fundación Baiuca Verdescente

Obxectivo xeral: Acadar a inclusión e integración social, combater a desigualdade, accesibilidade á produtos frescos e de calidade de primeira necesidade por parte dos sectores poboacionais desfavorecidos e crear rede de voluntariado, poñer en valor a pequena explotación no agro galego.

Obxectivo específico: Axudar na recolección aos propietarios de hortas particulares, dar saída a excedentes agrícolas particulares, facer chegar alimentos frescos e de calidade a persoas en risco de exclusión social.

Destinatarios do programa:

  • Infancia.
  • Muller.
  • Poboación en protección ou en risco de exclusión social.
  • Poboación en xeral.
  • Terceira idade.
  • Xuventude.

Perfil das persoas voluntarias: Persoa maior de idade que teña ganas de crear una rede solidaria entre persoas, coñecer o agro galego de primeira man e contribuír a igualdade entre persoas.

Función do voluntario/a:

  • Recolección dos excedentes agrícolas das hortas particulares.
  • Transportar o produto ao almacén.
  • Catalogación e clasificación da colleita.
  • Reparto ás familias en risco de exclusión social en colaboración cos Servizos Sociais.

Actividades que van a desenvolver:
O equipo de coordinación envía ás persoas voluntarias a planificación da acción voluntaria coa localización e persoas de contacto das hortas particulares e hora de recollida dos alimentos o día anterior. No día da acción voluntaria seguirán a ruta indicada polo equipo da coordinación e entre as 10:00 e as 12:00 para colaborar na recollida dos alimentos. Ás doce, no punto de entrega todas as persoas voluntarias en colaboración co equipo de coordinación catalogan, pesan e reparten equitativamente os alimentos para as cestas das familias destinatarias. De 13:00 a 14:00 as cestas son entregadas en Servicios Sociais do Concello de Silleda para ser entregadas ás familias

Ten contacto con menores: Si

Lugar de realización:

  • Concello de Silleda.
  • Concello de Vila de Cruces.
  • Concello de Lalín.

Tempos de dedicación dos voluntarios/as: Un mínimo de 24 horas _ Catro horas semanais.

Observacións/outros comentarios:
Todas as persoas voluntarias recibirán formación previa a acción voluntariado de:

  • Nocións Básicas de Voluntariado.
  • Nocións Básicas de Horta ecolóxica.
  • Igualdade e Non Discriminación no Voluntariado.
  • Protocolo de Prevención COVID 19 no Voluntariado.
  • Todos os gastos derivados da acción voluntaria serán sufragados pola Fundación Baiuca Verdescente.

Anímate e ponte en contacto con:

Paula Rivela Cabanas:
609106652 / paularivela@baiucaverdescente.org
De 9:00 a 13:00 horas de luns a venres

Andrés Seoane Pena:
678389217 / andresseoane@baiucaverdescente.org
De 9:00 a 13:00 horas de luns a venres

Depois podes inscribirte premendo na secretaria da UVigo
Podes atopar máis proxectos/programas de voluntariado nos que tamén podes participar aquí